12:20 Dentro da programación de Primavera enDanza realízanse actividades complementarias para achegar esta manifestación artística ao maior número de espectadores potenciais. Unha desas actividades é a Presentación de Espectáculos en diferentes espazos públicos por parte das compañías de danza. Nesta ocasión realizarase unha pequena exhibición a cargo do bailarín Erick Jiménez, membro da compañía galega Sólodos que realizará unha pequena coreografía do espectáculo Seisdecatro, que se representa o venres 27 de abril pola noite no Pazo da Cultura. A cita é a partires das 12.20 horas no hall do IES Alfredo Brañas, dentro da semana cultural que realizan durante estes días.
18:00 A sala da baixocuberta do 3º andar do Pazo da Cultura de Carballo acolle até o luns 30 de abril una exposición realizada coas obras premiadas e unha escolma de 85 das 211 fotografías que se teñen presentado ao XIV Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. As cinco obras premiadas son as seguintes: 1º Premio, ""Paseo no río Lérez" de Alberto Pousa Torres; 2º Premio, "Comercio fluvial" de José Luis Morales Martín; Premio Especial Carballo, "Chove en Razo" de José López Pérez; Accésit, "Se me olvidó que te olvidé" de Carlos García Barrio; Accésit, "A Rúa" de Guillermo Pío Gribeiro Malvido. A mostra pode visitarse en horario de 18.00 a 21.00 horas. Para obter máis información, premer aquí.

18:30 O Pavillón Vila de Noia da capital municipal acolle a celebración, coa participación do Xiria como anfitrión, do Sector zonal do Campionato de España de Balonmán en categoría Xuvenil Masculina. A cita desenvólvese entre o venres 27 e o domingo 29 de abril e abre a posibilidade de que o Ifecgás Pereira Xiria poida estar entre os oito mellores equipos de España. Os encontros do venres desenvólvense a partires das 18.00 horas. Máis información sobre os horarios, aquí.

21:00 Catro compañías galegas, Sólodos, La Macana, Pisando ovos e Quique Peón Cía, únense para propoñer en Primavera enDanza o espectáculo "Seisdecatro", unha peza que mestura planos de realidade e fantasía, momentos cotiáns que se insiren nun mundo irreal e que nos conducen por camiños inesperados. Os feitos son reais, pero teñen unha connotación fantástica, xa que algúns, ou non teñen explicación ou son moi improbables. A duración prevista aproximada do espectáculo é de 60 minutos. O prezo da entrada é de 3,5 euros; 2,5 euros con desconto. Máis información, aquí.
© Concello de Carballo, 2009