Axenda: 19 de abril 2012

Axenda Vive

A mostra do XIV Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís permanece no Pazo da Cultura até o 30 de abril

Exposición XM Eirís

18:00 A sala da baixocuberta do 3º andar do Pazo da Cultura de Carballo acolle até o luns 30 de abril una exposición realizada coas obras premiadas e unha escolma de 85 das 211 fotografías que se teñen presentado ao XIV Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. As cinco obras premiadas son as seguintes: 1º Premio, ""Paseo no río Lérez" de Alberto Pousa Torres; 2º Premio, "Comercio fluvial" de José Luis Morales Martín; Premio Especial Carballo, "Chove en Razo" de José López Pérez; Accésit, "Se me olvidó que te olvidé" de Carlos García Barrio; Accésit, "A Rúa" de Guillermo Pío Gribeiro Malvido. A mostra pode visitarse en horario de 18.00 a 21.00 horas. Para obter máis información, premer aquí.

Axenda Vive

O gaiteiro bretón Patrick Molard ofrece un concerto no auditorio do Pazo da Cultura

Patrick Molard

21:00 O público carballés ten a oportunidade de gozar da música dun dos meirandes gaiteiros do mundo, o bretón Patrick Molard, nun concerto no Pazo da Cultura a partires das 21.00 horas. O artista aproveita unha pequena xira que está a facer por Galicia para recalar en Carballo. Este mestre da gaita escocesa, irlandesa e bretona ofrece nos seus recitais unha fusión arredor da música destes países e de Galicia, nutríndose o seu repertorio de temas tanto tradicionais como de autor. A entrada é de balde. Máis información, aquí.

Buscador:


<< 2012 >>
<< abril >>
L M M X V S D
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            

Propoñemos

aqui el nomebanner

© Concello de Carballo, 2009