Axenda: 1 de abril 2012

Axenda Vive

Senda Nova propón o roteiro de sendeirismo "O son do Anllóns" dentro do programa Primavera en ruta

Cartel

09:15 A Asociación Ambiental Senda Nova, coa colaboración do Concello de Carballo, organiza unha nova edición, por terceiro ano consecutivo, de "Primavera en ruta", unha iniciativa que propón un total de oito percorridos por seis concellos da comarca e limítrofes co obxectivo de fomentar a práctica deportiva e o espírito de convivencia no marco da contorna natural. O domingo 1 de abril é a quenda de "O son do Anllóns". De 21 quilómetros de lonxitude, transcorre por Carballo e Coristanco, saíndo de Carballo e terminando en Corcoesto. A cita, que dura todo o día, ten programada a saída dende o Pazo da Cultura carballés a partires das 9.15 horas. Os interesados e interesadas en obter máis información, poden premer aquí.

Axenda Vive

A mostra do XIV Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís permanece no Pazo da Cultura até o 30 de abril

Exposición XM Eirís

18:00 A sala da baixocuberta do 3º andar do Pazo da Cultura de Carballo acolle até o luns 30 de abril una exposición realizada coas obras premiadas e unha escolma de 85 das 211 fotografías que se teñen presentado ao XIV Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. As cinco obras premiadas son as seguintes: 1º Premio, ""Paseo no río Lérez" de Alberto Pousa Torres; 2º Premio, "Comercio fluvial" de José Luis Morales Martín; Premio Especial Carballo, "Chove en Razo" de José López Pérez; Accésit, "Se me olvidó que te olvidé" de Carlos García Barrio; Accésit, "A Rúa" de Guillermo Pío Gribeiro Malvido. A mostra pode visitarse en horario de 18.00 a 21.00 horas. Para obter máis información, premer aquí.

Buscador:


<< 2012 >>
<< abril >>
L M M X V S D
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            

Propoñemos

aqui el nomebanner

© Concello de Carballo, 2009