
18:00 O Pazo da Cultura acolle até o 24 de xaneiro de 2010 a mostra 'I Exposición de Motos Clásicas', organizada pola Asociación Cultural, Deportiva e Recreativa amig@s das Motos Clásicas de Bergantiños e o Concello de Carballo. A exposición consta de 20 motos dos anos 50 aos 70 e diversas fotografías. A exposición poderá visitarse en horario habitual de 18.00 a 21.00 horas. A organización informa aos visitantes de que, para poder realizar o percorrido pola mostra, será necesario ir acompañado polo conserxe do Pazo da Cultura. O motivo é favorecer a protección das motos, a maioría delas pezas moi delicadas. Para obter máis información, premer aquí.
18:00 O Concello de Carballo e a Asociación Xuvenil Fogar da Xuventude organizan a Cabalgata de Reis 2009, coa que tamén colabora o Centro Comercial Bergantiños-Haley co reparto de caramelos e agasallos entre os asistentes. O itinerario inclúe a chegada ao CCB-Haley a partires das 18.00 horas, para que as súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar poidan efectuar a saída e percorrer as principais rúas do centro da capital municipal ás 18.30 horas. Está previsto que haxa unha recepción dos Reis Magos para os nenos e nenas de Carballo nunha carpa situada na Praza do Concello a partires das 20.00 ou 20.30 horas, aproximadamente. Para obter máis información sobre o percorrido e as actividades, premer aquí.
© Concello de Carballo, 2009