
18:00 O Pazo da Cultura acolle até o 24 de xaneiro de 2010 a mostra 'I Exposición de Motos Clásicas', organizada pola Asociación Cultural, Deportiva e Recreativa amig@s das Motos Clásicas de Bergantiños e o Concello de Carballo. A exposición consta de 20 motos dos anos 50 aos 70 e diversas fotografías. A exposición poderá visitarse en horario habitual de 18.00 a 21.00 horas. A organización informa aos visitantes de que, para poder realizar o percorrido pola mostra, será necesario ir acompañado polo conserxe do Pazo da Cultura. O motivo é favorecer a protección das motos, a maioría delas pezas moi delicadas. Para obter máis información, premer aquí.

21:00 O programa dos Venres Culturais 2010 inclúe a xa tradicional conmemoración do Aniversario do Coro Aires de Bergantiños, que neste caso chega á súa XXIV edición. O repertorio inclúe unha compilación de cancións tradicionais de Galicia, acompañadas de música de pandeireta, gaita, tamboril e bombo. A cita, de balde, é a partires das 21.00 horas no Pazo da Cultura.
© Concello de Carballo, 2009