17:00 O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo organiza un Festival de Animación Infantil na Praza do Concello a partires das 17.30 horas. A cita conta coa colaboración do Concello, está incluída no programa do Nadal Cultural 2010 e conta unha carpa na que haberá xogos, música ou inflables.

18:00 O Pazo da Cultura acolle até o 24 de xaneiro de 2010 a mostra 'I Exposición de Motos Clásicas', organizada pola Asociación Cultural, Deportiva e Recreativa amig@s das Motos Clásicas de Bergantiños e o Concello de Carballo. A exposición consta de 20 motos dos anos 50 aos 70 e diversas fotografías. A exposición poderá visitarse en horario habitual de 18.00 a 21.00 horas. A organización informa aos visitantes de que, para poder realizar o percorrido pola mostra, será necesario ir acompañado polo conserxe do Pazo da Cultura. O motivo é favorecer a protección das motos, a maioría delas pezas moi delicadas. Para obter máis información, premer aquí.
© Concello de Carballo, 2009