Axenda: 11 de febreiro 2009

Axenda Vive

A exposición 'Madeira de árbore', de Myrtha Couto-Widmer, pode visitarse no Pazo da Cultura

Madeira de árbore

18:00 A artista afeccionada residente en Rus, Myrtha Couto-Widmer, expón no Pazo da Cultura a mostra artística 'Madeira de árbore'. Empregando pequenos anacos de madeira, a artista elabora composicións de árbores realizando un xogo entre as representacións da natureza e os materiais utilizados. A exposición -incluída no programa dos Venres Culturais- está do 30 de xaneiro ao 25 de febreiro na sala de exposicións situada a carón do auditorio do Pazo da Cultura en horario de 18.00 a 21.00 horas.

Axenda Vive

Sesión informativa sobre a ampliación e a adxudicación de parcelas do polígono de Bértoa

20:00 O Concello de Carballo organiza unha sesión informativa á que invita a tódolos empresarios e empresarias interesados, así como aos veciños e veciñas que o desexen, para falar da ampliación, así como do proceso para a adxudicación de parcelas que está aberto nestes momentos no parque empresarial de Bértoa. A cita é a partir das 20.00 horas no salón de actos da Casa da Xuventude da capital municipal. Para máis información, premer aquí.

Buscador:


<< 2009 >>
<< febreiro >>
L M M X V S D
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28  

Propoñemos

aqui el nomebanner

© Concello de Carballo, 2009