
17:30 O terceiro andar (sala da baixocuberta) do Pazo da Cultura acolle a inauguración da exposición Formas-Carballo, unha mostra colectiva de creadores e creadoras da comarca coa presenza de: Milagros Cotelo Rama, Lola Oviedo, Mon Lendoiro, Emilia Rodríguez de las Heras, Mª José Costa 'Chiña', Miguel Anxo Calvo 'O'Mighelo', Fernando Mourón Bouzas, Marilá Gómez Caamaño, Santi Picos, Antonio Taracido, Jacobo Veiga García, Vicky Vilariño e Cristina Castro Santiago. A mostra, que está enmarcada na programación de San Xoán 2010, pode visitarse até o 31 de xullo en horario de 17.30 a 20.30 horas. Para obter máis información, premer aquí.

22:30 A Escola Unitaria de Oza acolle a proxección da película 'Planet 51', unha comedia de animación realizada en España que conta a historia dunha familia de extraterrestres que se enfrontan a un alieníxena: un home. Trátase do astronauta Charles "Chuck", que pensa que é o primeiro ser humano en pisar o planeta. A cita está incluída dentro do ciclo Noites de cine, no programa do Verán Cultural 2010. Nesta actividade, que comeza ás 22.30 horas, colabora a Asociación Cultural Torre Vixía.
© Concello de Carballo, 2009