
09:15 A Asociación Ambiental Senda Nova, coa colaboración do Concello de Carballo, organiza unha nova edición, por terceiro ano consecutivo, de "Primavera en ruta", unha iniciativa que propón un total de oito percorridos por seis concellos da comarca e limítrofes co obxectivo de fomentar a práctica deportiva e o espírito de convivencia no marco da contorna natural. O domingo 27 de maio é a quenda da "Ruta das mámoas". De 16 quilómetros de lonxitude, transcorre polo Concello de Cabana, saíndo da Piolla e terminando na Penela. A cita, que dura todo o día, ten programada a saída dende o Pazo da Cultura carballés a partires das 9.15 horas. Os interesados e interesadas en obter máis información, poden premer aquí.
© Concello de Carballo, 2009