
11:00 O Xardín Municipal acolle o maratón de lectura "As letras en voces", un homenaxe ao galego como vehículo de expresión no que os veciños e veciñas que o desexen poden ler un fragmento dun texto dun dos autores que teñen sido homenaxeados o Día das Letras nos últimos anos e tamén en 2012, en que a xornada está dedicada a Valentín Paz-Andrade, un activista na procura do progreso de Alicia. A cita está organizada polo Concello coa colaboración de asociacións culturais e centros de ensino do municipio. O acto arrinca ás 11.00 horas coa Banda Municipal de Gaitas, que dirixe Jesús Moreira, e logo comeza a quenda de lecturas por parte dos representantes dos distintos grupos políticos municipais. Deseguido é o turno de todas aquelas institucións e veciños que desexen participar coa lectura dun fragmento literario que selecciona o propio lector. A actividade, que conta coa colaboración da Biblioteca Municipal remata ás 13.30 horas. Máis información sobre o Programa das Letras, aquí.
12:00 A Ludoteca Municipal é o escenario ás 12.00 horas dun contacontos moi especial dirixido a bebés de 0 a 3 anos: "Fábulas no berce". Esta actividade corre a cargo da coñecida escritora e música Charo Pita. A entrada é gratuíta pero o aforo é só para 30 bebés, polo que aqueles que queiran participar deberán anotarse previamente na propia Ludoteca. Esta actividade conta coa colaboración da Xunta de Galicia e pertence ao programa Letras Vivas!.
© Concello de Carballo, 2009