
10:00 Os pavillóns Carballo Calero, Vila de Noia e Fogar da capital carballesa acollen a fase final do Campionato provincial de balonmán en categorías alevín mixta, benxamín mixta e infantil masculina e feminina no que participan as Escolas de Balonmán Xiria. Arredor de 400 nenos e nenas de entre 6 e 12 anos distribuídos en 30 equipos disputarán máis de 40 partidos nunha xornada intensiva entre as 10.00 e as 19.00 horas. Os interesados e interesadas poden descargar os horarios da cita ao completo, premendo aquí. Máis información sobre a cita, aquí.

18:00 O andar -1 do Pazo da Cultura de Carballo acolle até o luns 14 de maio a exposición Nicaragua: unha realidade viva", do Fondo Galego de Cooperación, dentro do seu percorrido polas diferentes Deputacións e Concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A mostra reúne as imaxes tomadas polo recoñecido fotógrafo vilagarcián Eduardo J. Castro no marco do proxecto "A formación sociosanitaria como vía de desenvolvemento" que levou a cabo a ONGD Solidariedade Galega co cofinanciamento do Fondo nos municipios de Ocotal (Nueva Segovia) e Puerto Cabezas (Región Autónoma del Atlántico Norte). Eduardo J. Castro, que ten exposto en diferentes cidades españolas e estranxeiras, conviviu cos voluntarios e voluntarias e mais co pobo nicaraguano durante o tempo do proxecto. A exposición pode visitarse en horario de 18.00 a 21.00 horas. Os interesados e interesadas en obter máis información, poden premer aquí.
© Concello de Carballo, 2009