Ayuntamiento de Carballo


Agenda: 10 de mayo 2012

Axenda Vive

Obradoiros para nenos e nenas dos centros de ensino dentro da VII Semana do Libro

09:30 O programa da VII Semana do Libro e a Lectura inclúe a celebración de obradoiros para nenos e nenas dos alumnos e alumnas de Infantil e Primaria do Concello carballés. Na quenda do xoves participan os cativos e cativas de 5º de Educación Primaria dos CEIP Bergantiños e Fogar. Celebrarase o obradoiro artístico "Cartoneando versos" de Eva Cabo, no que o alumnado descubre o artista que leva dentro usando refugallos e a imaxinación. Así mesmo, está previsto o obradoiro "12+1 versos da sorte", de Antía Otero, no que se comporán varios textos poéticos. A cita é no Pazo da Cultura en horario de 9.30 a 14.00 horas. Para obter máis información sobre a VII Semana do Libro e a Lectura, premer aquí.

Axenda Vive

A mostra "Nicaragua: unha realidade viva" do Fondo Galego de Cooperación: no Pazo da Cultura até o 14 de maio

Exposición

18:00 O andar -1 do Pazo da Cultura de Carballo acolle até o luns 14 de maio a exposición Nicaragua: unha realidade viva", do Fondo Galego de Cooperación, dentro do seu percorrido polas diferentes Deputacións e Concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A mostra reúne as imaxes tomadas polo recoñecido fotógrafo vilagarcián Eduardo J. Castro no marco do proxecto "A formación sociosanitaria como vía de desenvolvemento" que levou a cabo a ONGD Solidariedade Galega co cofinanciamento do Fondo nos municipios de Ocotal (Nueva Segovia) e Puerto Cabezas (Región Autónoma del Atlántico Norte). Eduardo J. Castro, que ten exposto en diferentes cidades españolas e estranxeiras, conviviu cos voluntarios e voluntarias e mais co pobo nicaraguano durante o tempo do proxecto. A exposición pode visitarse en horario de 18.00 a 21.00 horas. Os interesados e interesadas en obter máis información, poden premer aquí.

Axenda Vive

Eva Cabo narra "Contos nómadas" na VII Semana do Libro e a Lectura

Cartel

18:30 A VII Semana do Libro e a Lectura inclúe cada tarde entre o 7 e o 11 de maio obradoiros e espectáculos abertos ao público especialmente dirixidos a cativos e cativas no Pazo da Cultura carballés. O xoves 10 é a quenda de Eva Cabo que fala de "Contos nómadas", historias que andan de aquí para alá, que se fan e se refán nos sitios polos que pasan e coas xentes que os escoitan. Para obter máis información sobre a Semana do Libro, premer aquí.

Buscador:


<< 2012 >>
<< mayo >>
L M M J V S D
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

© Concello de Carballo, 2009