
17:30 O terceiro andar (sala da baixocuberta) do Pazo da Cultura acolle a inauguración da exposición Formas-Carballo, unha mostra colectiva de creadores e creadoras da comarca coa presenza de: Milagros Cotelo Rama, Lola Oviedo, Mon Lendoiro, Emilia Rodríguez de las Heras, Mª José Costa 'Chiña', Miguel Anxo Calvo 'O'Mighelo', Fernando Mourón Bouzas, Marilá Gómez Caamaño, Santi Picos, Antonio Taracido, Jacobo Veiga García, Vicky Vilariño e Cristina Castro Santiago. A mostra, que está enmarcada na programación de San Xoán 2010, pode visitarse até o 31 de xullo en horario de 17.30 a 20.30 horas. Para obter máis información, premer aquí.

22:00 O programa do Verán Cultural 2010 arrinca en Carballo cun espectáculo dedicado por completo ao público infantil. Así, un dos grupos galegos de máis éxito entre os dedicados a compoñer para os máis cativos e cativas propón un divertido e participativo concerto destinado ao público familiar no que presentan o seu quinto disco, 'Patatín patatán'. A cita é o venres 9 de xullo a partires das 22.00 horas na Praza do Concello e a entrada é de balde. Colabora neste espectáculo a Deputación provincial da Coruña. Para máis información, premer aquí.
© Concello de Carballo, 2009