
10:00 O Circuíto de Motor de Bértoa acolle o II Autocross Bergantiños, organizado pola Escudaría Bergantiños Motor en colaboración do Concello e coa axuda de Escudaría La Coruña, EcoQuad Galicia, Remontes 4x4 e Protección Civil. As verificacións técnicas comezan a partir das 10.00 horas, aínda que as carreiras principiarán cara ao mediodía, nunha proba dunha soa xornada. A proba acolle as categorías 4x4, II, IIA e Carcross. Máis información aquí.

17:30 O terceiro andar (sala da baixocuberta) do Pazo da Cultura acolle a inauguración da exposición Formas-Carballo, unha mostra colectiva de creadores e creadoras da comarca coa presenza de: Milagros Cotelo Rama, Lola Oviedo, Mon Lendoiro, Emilia Rodríguez de las Heras, Mª José Costa 'Chiña', Miguel Anxo Calvo 'O'Mighelo', Fernando Mourón Bouzas, Marilá Gómez Caamaño, Santi Picos, Antonio Taracido, Jacobo Veiga García, Vicky Vilariño e Cristina Castro Santiago. A mostra, que está enmarcada na programación de San Xoán 2010, pode visitarse até o 31 de xullo en horario de 17.30 a 20.30 horas. Para obter máis información, premer aquí.
© Concello de Carballo, 2009