
15:00 A fin de semana do 2, 3 e 4 de xullo o Circuíto de Motor de Bértoa acolle a celebración dunha proba do Campionato de España de Autocross, a segunda deste tipo que se celebra en Carballo. Están xa inscritos un total de 104 pilotos, o que supera a participación da edición anterior, cunha ampla presenza de competidores de Carballo e da Costa da Morte. O programa de actividades comeza o venres pola tarde coas primeiras verificacións técnicas na Praza do Concello, para celebrarse despois unha churrascada no circuíto para que a xente poida ver o ambiente no paddock, con acceso de balde ao recinto. O sábado e o domingo xa son as mangas clasificatorias e as finais. O sábado a partir das 15.00 horas, incluíndo os primeiros adestramentos libres; e a partir das 9.00 horas o domingo. Máis información, aquí.

17:30 O terceiro andar (sala da baixocuberta) do Pazo da Cultura acolle a inauguración da exposición Formas-Carballo, unha mostra colectiva de creadores e creadoras da comarca coa presenza de: Milagros Cotelo Rama, Lola Oviedo, Mon Lendoiro, Emilia Rodríguez de las Heras, Mª José Costa 'Chiña', Miguel Anxo Calvo 'O'Mighelo', Fernando Mourón Bouzas, Marilá Gómez Caamaño, Santi Picos, Antonio Taracido, Jacobo Veiga García, Vicky Vilariño e Cristina Castro Santiago. A mostra, que está enmarcada na programación de San Xoán 2010, pode visitarse até o 31 de xullo en horario de 17.30 a 20.30 horas. Para obter máis información, premer aquí.
21:00 A Coral Polifónica de Bergantiños, co patrocinio do Concello de Carballo, organiza a XIII Mostra de Habaneras, na que este ano participan a Coral As Pontes de García Rodríguez, a Coral San Marcos de León e os anfitrións. A cita é no Pazo da Cultura a partires das 21.00 horas.
© Concello de Carballo, 2009