
17:30 O terceiro andar (sala da baixocuberta) do Pazo da Cultura acolle a inauguración da exposición Formas-Carballo, unha mostra colectiva de creadores e creadoras da comarca coa presenza de: Milagros Cotelo Rama, Lola Oviedo, Mon Lendoiro, Emilia Rodríguez de las Heras, Mª José Costa 'Chiña', Miguel Anxo Calvo 'O'Mighelo', Fernando Mourón Bouzas, Marilá Gómez Caamaño, Santi Picos, Antonio Taracido, Jacobo Veiga García, Vicky Vilariño e Cristina Castro Santiago. A mostra, que está enmarcada na programación de San Xoán 2010, pode visitarse até o 31 de xullo en horario de 17.30 a 20.30 horas. Para obter máis información, premer aquí.

20:00 O Mago Vituco encarna ao explorador Esteban Quito que chega ao Xardín Municipal cargado de historias das súas aventuras polo mundo. Trucos imposibles, desaparicións e aparicións incribles. Maxia e moitas sorpresas descubertas en mundos lonxanos coas que o Mago Vituco ten triunfado en moitos festivais internacionais de España, Portugal e Alemaña. A cita, incluída dentro do programa do Verán Cultural 2010, é a partir das 20.00 horas. Máis información sobre o programa do Verán Cultural ao completo, aquí.
© Concello de Carballo, 2009