
17:30 O terceiro andar (sala da baixocuberta) do Pazo da Cultura acolle a inauguración da exposición Formas-Carballo, unha mostra colectiva de creadores e creadoras da comarca coa presenza de: Milagros Cotelo Rama, Lola Oviedo, Mon Lendoiro, Emilia Rodríguez de las Heras, Mª José Costa 'Chiña', Miguel Anxo Calvo 'O'Mighelo', Fernando Mourón Bouzas, Marilá Gómez Caamaño, Santi Picos, Antonio Taracido, Jacobo Veiga García, Vicky Vilariño e Cristina Castro Santiago. A mostra, que está enmarcada na programación de San Xoán 2010, pode visitarse até o 31 de xullo en horario de 17.30 a 20.30 horas. Para obter máis información, premer aquí.

22:30 A Praza de San Cristovo da capital municipal é o escenario da proxección da película 'Disaster movie'. O filme parodia personaxes de comic tales como 'Iron Man' ou 'O incrible Hulk', ou películas como 'Sexo en Nueva York', 'Encantada: la historia de Giselle', 'Juno' o 'Hancock'. A cita está incluída dentro do ciclo Noites de cine, no programa do Verán Cultural 2010. Nesta actividade, que comeza ás 22.30 horas, colabora a Deputación da Coruña.
© Concello de Carballo, 2009