Axenda: 20 de xullo 2010

Axenda Vive

A exposición Formas-Carballo permanece no Pazo da Cultura até o 31 de xullo

Exposición

17:30 O terceiro andar (sala da baixocuberta) do Pazo da Cultura acolle a inauguración da exposición Formas-Carballo, unha mostra colectiva de creadores e creadoras da comarca coa presenza de: Milagros Cotelo Rama, Lola Oviedo, Mon Lendoiro, Emilia Rodríguez de las Heras, Mª José Costa 'Chiña', Miguel Anxo Calvo 'O'Mighelo', Fernando Mourón Bouzas, Marilá Gómez Caamaño, Santi Picos, Antonio Taracido, Jacobo Veiga García, Vicky Vilariño e Cristina Castro Santiago. A mostra, que está enmarcada na programación de San Xoán 2010, pode visitarse até o 31 de xullo en horario de 17.30 a 20.30 horas. Para obter máis información, premer aquí.

Axenda Vive

A película 'Noche en el museo 2' chega a Sofán coas Noites de cine

Noche en el museo 2

22:30 A Gándara, en Sofán, é o escenario da proxección da película 'Noche en el museo 2' -a segunda parte dunha disparatada comedia protagonizada por Ben Stiller que transcorre no coñecido museo Smithsonian, situado en Washington DC- dentro do ciclo Noites de cine, incluído no programa do Verán Cultural 2010. Nesta actividade, que comeza ás 22.30 horas, colabora a Asociación de Veciños San Salvador de Sofán.

Buscador:


<< 2010 >>
<< xullo >>
L M M X V S D
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

© Concello de Carballo, 2009