Axenda: 17 de xullo 2010

Axenda Vive

Celebración dos Campionatos Galegos de Ciclismo de Fondo en Estrada 2010

Cartel

15:00 Carballo acolle os Campionatos Galegos de Ciclismo de Fondo en Estrada 2010, que contan coa participación duns 140 corredores e corredoras de categorías cadete, feminina e júnior. O Club Ciclista Carballo-Placasa e a Federación Galega de Ciclismo, coa colaboracion do Concello e de Conservas Calvo, organizan esta cita da que xurdirán até cinco campións galegos. As probas están repartidas en dúas carreiras, que terán lugar a partir das 15.00 horas para os cadetes masculinos e as cadetes e júnior femininas; e ás 17.30 horas para as categorías elite feminina e a júnior masculina. A saída e a chegada dos percorridos, que transcorren por Carballo, Rus e Coristanco, é no Pazo da Cultura. Máis información, aquí.

Axenda Vive

A exposición Formas-Carballo permanece no Pazo da Cultura até o 31 de xullo

Exposición

17:30 O terceiro andar (sala da baixocuberta) do Pazo da Cultura acolle a inauguración da exposición Formas-Carballo, unha mostra colectiva de creadores e creadoras da comarca coa presenza de: Milagros Cotelo Rama, Lola Oviedo, Mon Lendoiro, Emilia Rodríguez de las Heras, Mª José Costa 'Chiña', Miguel Anxo Calvo 'O'Mighelo', Fernando Mourón Bouzas, Marilá Gómez Caamaño, Santi Picos, Antonio Taracido, Jacobo Veiga García, Vicky Vilariño e Cristina Castro Santiago. A mostra, que está enmarcada na programación de San Xoán 2010, pode visitarse até o 31 de xullo en horario de 17.30 a 20.30 horas. Para obter máis información, premer aquí.

Buscador:


<< 2010 >>
<< xullo >>
L M M X V S D
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

© Concello de Carballo, 2009