
17:30 O terceiro andar (sala da baixocuberta) do Pazo da Cultura acolle a inauguración da exposición Formas-Carballo, unha mostra colectiva de creadores e creadoras da comarca coa presenza de: Milagros Cotelo Rama, Lola Oviedo, Mon Lendoiro, Emilia Rodríguez de las Heras, Mª José Costa 'Chiña', Miguel Anxo Calvo 'O'Mighelo', Fernando Mourón Bouzas, Marilá Gómez Caamaño, Santi Picos, Antonio Taracido, Jacobo Veiga García, Vicky Vilariño e Cristina Castro Santiago. A mostra, que está enmarcada na programación de San Xoán 2010, pode visitarse até o 31 de xullo en horario de 17.30 a 20.30 horas. Para obter máis información, premer aquí.

22:30 O programa de Verán Cultural 2010 continúa na Praza do Concello con Omar Percussion Group. Este grupo presenta 'Vida', un espectáculo musical con máis de 80 instrumentos e xogos de luces, co que os espectadores poderán encherse de enerxía e moito ritmo. Este grupo está integrado por tres músicos profesionais que no ano 2004 se xuntaron para explorar sen límites novas posibilidades creativas mesturando composicións propias coas obras de grandes compositores. O espectáculo conta coa colaboración da Deputación da Coruña. A cita é a partires das 22.00 horas. Máis información, aquí.
© Concello de Carballo, 2009