
17:30 O terceiro andar (sala da baixocuberta) do Pazo da Cultura acolle a inauguración da exposición Formas-Carballo, unha mostra colectiva de creadores e creadoras da comarca coa presenza de: Milagros Cotelo Rama, Lola Oviedo, Mon Lendoiro, Emilia Rodríguez de las Heras, Mª José Costa 'Chiña', Miguel Anxo Calvo 'O'Mighelo', Fernando Mourón Bouzas, Marilá Gómez Caamaño, Santi Picos, Antonio Taracido, Jacobo Veiga García, Vicky Vilariño e Cristina Castro Santiago. A mostra, que está enmarcada na programación de San Xoán 2010, pode visitarse até o 31 de xullo en horario de 17.30 a 20.30 horas. Para obter máis información, premer aquí.

22:00 A banda Sés, liderada pola artista carballesa María Xosé Silvar, pon no escenario unha descarga de ritmos e sons. Ofrecen un feixe de temas orixinais e unha vocalista que canaliza toda a enerxía do escenario. Dos coros africanos aos ritmos ska, do blues á pachanga, de Aretha Franklin a Janis Joplin, da Habana a Budapest. Sés é unha descarga de ritmos e sons cun denominador común: as boas vibracións. A cita é de balde e a partires das 22.00 horas no Pazo da Cultura e o concerto enmárcase no programa do VI Curso de verán sobre dinamización lingüística e na programación do Verán Cultural de Carballo. Máis información, aquí.

22:30 A praia de Razo é o escenario da proxección da película 'Luna nueva' da saga 'Crepúsculo' -protagonizada por Kristen Stewart, Robert Pattison e Taylor Lautner- dentro do ciclo Noites de cine, incluído no programa do Verán Cultural 2010. Nesta actividade, que comeza ás 22.30 horas, colabora a Asociación Cultural San Martiño de Razo.
© Concello de Carballo, 2009