Axenda: 14 de xullo 2010

Axenda Vive

A exposición Formas-Carballo permanece no Pazo da Cultura até o 31 de xullo

Exposición

17:30 O terceiro andar (sala da baixocuberta) do Pazo da Cultura acolle a inauguración da exposición Formas-Carballo, unha mostra colectiva de creadores e creadoras da comarca coa presenza de: Milagros Cotelo Rama, Lola Oviedo, Mon Lendoiro, Emilia Rodríguez de las Heras, Mª José Costa 'Chiña', Miguel Anxo Calvo 'O'Mighelo', Fernando Mourón Bouzas, Marilá Gómez Caamaño, Santi Picos, Antonio Taracido, Jacobo Veiga García, Vicky Vilariño e Cristina Castro Santiago. A mostra, que está enmarcada na programación de San Xoán 2010, pode visitarse até o 31 de xullo en horario de 17.30 a 20.30 horas. Para obter máis información, premer aquí.

Axenda Vive

Masca Teatro e Aula Unam presentan o espectáculo 'Romería a Santiago' na Praza do Concello

Verán Cultural

20:30 O mércores 14 de xullo as principais rúas do centro carballés acollen o espectáculo 'Romería a Santiago' de Masca Teatro-Aula Unam de México. Así, achégannos unha proposta de teatro popular itinerante que percorre a historia das peregrinacións a Santiago. Actores, cabezudos, máscaras, títeres ou zancudos transportarannos ao sentir do peregrino e ao espíritu de festa e devoción desta tradición desde a perspectiva da cultura mexicana. Este espectáculo comeza ás 20.30 horas nas rúas peonís do centro e na Praza do Concello e conta coa colaboración da Sociedade Estatal de Conmemoracións Cuturais e Xacobeo 2010.

Axenda Vive

Arrinca o ciclo Noites de cine coa proxección de 'Crepúsculo na capital municipal

Crepúsculo

22:30 O ciclo Noites de Cine, incluído no programa do Verán Cultural do Concello de Carballo, arrinca no Xardín Municipal coa proxección do filme 'Crepúsculo', baseado na popular saga de libros de vampiros escritos por Stephenie Meyer. Esta cita, organizada coa colaboración da Deputación da Coruña, é a partires das 22.30 horas.

Buscador:


<< 2010 >>
<< xullo >>
L M M X V S D
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

© Concello de Carballo, 2009