Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

PXOM

PXOM

O pleno da corporación apoiou por unanimidade a aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Carballo nunha sesión extraordinaria celebrada o luns 2 de febreiro de 2015. Porén, este plan non será executivo ata a aprobación definitiva por parte da Xunta de Galicia.


En todo caso, o Concello pon a disposición dos interesados e interesadas o documento para a aprobación provisional do PXOM, que pode consultarse máis abaixo nesta mesma sección.


*Para poder acceder aos arquivos, recoméndase que se descarguen os documentos en pdf antes de abrilos, debido a seu elevado peso.


Os interesados e interesadas en obter máis información sobre a actual situación urbanística, deben dirixirse á Oficina Técnica Municipal (situada no primeiro andar da Casa do Concello) e solicitar os datos correspondentes a cada caso concreto. O horario de atención é de 10.00 a 13.00 horas.




Ligazóns relacionadas

Buscador:


Centro urbano


© Concello de Carballo, 2009