Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Benestar

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Carballo traballa activamente para mellorar a calidade de vida e a participación na sociedade de todas as persoas e grupos do municipio. As iniciativas desenvolvidas inciden especialmente nos cidadáns que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención selectiva.

Esta área atende ademais ás empresas de economía social, entidades públicas e privadas, asociacións e organizacións non gobernamentais, fundacións e profesionais que desenvolven a súa actividade no eido dos Asuntos Sociais. O Departamento colabora con elas na creación, información ou coordinación de programas, recursos e productos que beneficien aos colectivos máis desfavorecidos.

Departamento de Servizos Sociais
Planta Baixa do Concello de Carballo
Teléfono 981 704 706

Horario de atención ao público: Luns, mércores e xoves de 9.00 a 13.00 horas.


Os programas básicos de acción desenvolvidos polos Servizos Sociais do Concello son:

Programa de Orientación, Asesoramento e Información

Ten por obxecto informar á cidadanía sobre os distintos dereitos e recursos en materia de servicios sociais, así como orientar e asesorar as persoas e grupos afectados por problemáticas específicas, diagnosticar a situación e derivalos, se é necesario, ós servicios sociais de atención especializada.

Programa de Axuda no Fogar

O servizo de Axuda a domicilio está dirixido a toda a poboación. Gozan de prioridade aqueles/as cidadáns que presenten disfuncións ou discapacidades que lles limiten a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación social, e que teñan dificultades para procurar o seu benestar físico, social e psicolóxico. A estas persoas préstanselles unha serie de atencións ou coidados de carácter persoal, psicosocial e educativo, doméstico e técnico, e proporciónaselles a posibilidade de continuar no seu contorno natural, mentres isto sexa posible e conveniente.

O devandito programa está regulado pola Ordenanza Municipal do Concello de Carballo de Servizo de Axuda no Fogar e dos Prezos Públicos. Este servizo pódese complementar co programa de teleasistencia domiciliaria.

Programa de Emerxencia Social

Dende os Servizos Sociais detéctanse situacións de urxencia que requiren ser abordadas de xeito rápido e eficaz. Fundamentalmente situacións de escaseza de medios económicos que dificultan o normal desenvolvemento das persoas ou familias. Con este programa preténdese paliar e se é posible, correxir estes déficits.

Programa de Educación Familiar

O programa de educación familiar intervén en tres sectores moi importantes. A familia e a escola, os adolescentes e a muller. Trata de paliar nas familias as deficiencias presentadas e promover hábitos. Así mesmo, procura a prevención de futuras dificultades e a integración social dos seus membros a nivel profesional, escolar, etc.

Ligazóns relacionadas

Documentos descargables

Buscador:


Propoñemos

Fondo Galego de Cooperación

© Concello de Carballo, 2009