Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Igualdade

Todas as mulleres da Comarca de Bergantiños teñen en Carballo un punto de apoio. O Centro de Información á Muller (CIM) ofrece un servizo gratuíto e desinteresado mediante as consultas persoais, telefónicas ou escritas. Este departamento, creado en 2001, proporciona asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade de oportunidades.

O CIM garante en todo momento o anonimato na identidade das súas usuarias e a privacidade das cuestións que estas poidan plantexarlle ao persoal do Centro.

Loitando pola defensa do principio de igualdade, o Concello vén de elaborar o Plan de Igualdade de Oportunidades das Mulleres de Carballo. Este proxecto, que esixirá o compromiso de toda a sociedade, pretende contribuír mediante propostas concretas á consecución real e efectiva da equiparación entre os homes e mulleres do municipio.

Centro de Información á Muller
Departamento de Servizos Sociais
Pranta Baixa do Concello de Carballo
Teléfonos: 981 700 688 / 638 123 460

Horario de atención ao público:
Traballadora Social e Psicóloga: de luns a venres de 9.30 a 13.30 horas.
Avogada: martes de 12.00 a 14.00 horas; xoves de 16.00 a 18.00 horas; e venres de 10.00 a 14.00 horas.

Teléfono contra o maltrato: 016
Teléfono da Muller: 900 400 273
Atención telefónica para mulleres xordas: 900 152 152

Servizos e actividades


A Concellaría de Igualdade desenvolve ao longo de todo o ano unha serie de actividades de apoio para as mulleres que inclúen dende cursiños ata atención psicolóxica ou programas de axuda e xornadas en prol da igualdade:
  • Asesoría xurídica gratuíta para mulleres.
  • Información e asesoramento integral para mulleres.
  • Atención psicolóxica.
  • Creación do Fondo de Emerxencia para mulleres víctimas de violencia de xénero.
  • Programa Concilia:
    O programa Concilia é unha iniciativa -cofinanciada pola Deputación da Coruña e o Concello de Carballo- que pretende facilitar a compatibilidade da vida laboral e familiar dos pais e nais de todos os alumnos e alumnas carballeses/as que asisten aos centros escolares de Infantil e Primaria do municipio. O servizo inclúe a recollida das nenas e nenos a partir das 7.30 horas no seu centro escolar. Ata o inicio habitual das clases, un monitor ou monitora atende aos rapaces e realiza con elas e eles actividades de lecer e tempo libre. Podes descargar aquí o Regulamento do programa Concilia.
  • Cursos:
    • Risoterapia
    • Defensa persoal
    • Alfabetización informática
    • Introdución á Internet
    • Formación e orientación laboral facendo énfase en aqueles postos típicamente masculinizados
    • Ximnasia para bebés
    • Autoestima e habilidades sociais
    • Contacontos da igualdade
    • Obradoiros de prevención de violencia de xénero realizados en centros de ensino
    • Curso de cociña tradicional
  • Xornadas con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero:
  • Bancos de Tempo:
    Os Bancos do Tempo son sistemas de intercambio de labores comunitarios relacionados coa conciliación da vida persoal, familiar e laboral, xestionados polos concellos. O Concello de Carballo participa neste programa no que se pon en contacto ás persoas inscritas como demandantes de tempo con aqueles inscritos como dispoñibles para realizar algún dos servizos solicitados. Deste xeito os veciños e veciñas axúdanse entre si intercambiando as súas habilidades e a súa dispoñibilidade. Para máis información sobre o Banco do Tempo de Carballo, premer aquí.
  • Saúde para Mulleres:
    Mediante varios cursiños e charlas, e dentro do programa Carballo Saudable, as beneficiarias do programa 'Saúde para Mulleres' poden reflexionar sobre os prexuízos para o seu benestar e tentar atopar os mecanismos para combater estas situacións con actividades destinadas a educar sobre a saúde mental, a saúde no fogar, a saúde sexual e afectiva ou incluso con clases de preparación para a educación maternal.

Ligazóns relacionadas

Buscador:


Centro de Información á Muller (CIM)

Propoñemos

Bando do Tempo Municipal

© Concello de Carballo, 2009