A creación do
Centro Municipal de Formación foi a primeira iniciativa municipal a prol da cidadanía en situación de desemprego. Naceu no ano 1991 e hoxe en día está recoñecido coma un dos centros de Formación Ocupacional máis importantes de Galicia.
O Centro Municipal de Formación pon en marcha as políticas activas de emprego apoiadas pola Consellería de Traballo. As súas iniciativas van encamiñadas a facilitar as posibilidades de acceso ao mundo laboral dos diferentes colectivos en situación de desemprego.
Dentro das medidas promovidas polo Centro Municipal de Formación destacan as
accións formativas dirixidas á mellora da cualificación dos demandantes de emprego. Atópamos entre elas o Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional (Plan FIP), o Plan Aurora, as escolas obradoiro ou os obradoiros de emprego.
O Centro Municipal de Formación, a maiores dos Obradoiros, posúe
dúas aulas que se poñen a disposición de todas aquelas empresas, asociacións, entidades, institucións,…para a realización das súas accións formativas. As aulas teñen unha capacidade para albergar a 50 e 30 alumnos e alumnas, respectivamente, e posúen os recursos didácticos necesarios para adaptarse aos diferentes procesos de ensinanza e aprendizaxe.
Mostra de todo isto é a realización por parte das entidades de accións formativas destinadas a diferentes colectivos: traballadores e traballadoras en activo e persoas desempregadas en diferentes áreas temáticas: prevención de riscos laborais, contabilidade, manipulación de alimentos, etc.
Contacto:
Centro Municipal de Formación Ocupacional
Fórum Carballo, Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n
CP. 15.100 - Carballo
Teléfono: 981 709 010
Horario: o horario de inverno é de luns a venres de 8.30 a 14.30 horas. O horario de verán é de 8.00 a 14.00 horas, tamén de luns a venres.