BOLSA DE TRABALLO MUNICIPAL
O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Promoción e Emprego e no seu labor de facilitar a inserción laboral da cidadanía, ofrece a toda a poboación activa dende novembro de 2012 unha Bolsa de Traballo Municipal pensada para axudar ás persoas en situación de desemprego que desexen regresar ao mundo laboral, aos que busquen o seu primeiro emprego ou a quen desexen mellorar a súa situación laboral actual. O obxectivo prioritario desta Bolsa é o de realizar unha función de mediación, constituíndo unha ferramenta de
conexión entre as demanda e as ofertas de emprego que se xeran na contorna do Concello.
Esta ferramenta permite a divulgación de información en materia de emprego, recursos humanos e promoción económica, e contribúe á dinamización da actividade económica para incentivar a creación de emprego e a implantación de empresas no municipio. O proxecto tamén recolle a posibilidade de elaborar, de forma independente ou en colaboración con outros organismos, programas específicos que incidan no desenvolvemento local, establecer e afirmar contactos co sector empresarial da zona como
estratexia facilitadora de acceso ao mercado de traballo ou mellorar a transparencia de información á cidadanía e redundar na igualdade de oportunidades.
Poden ser beneficiarios dos servizos desta Bolsa de Traballo tanto a poboación activa como os ofertantes de emprego: autónomos, empresas, entidades ou institucións que inicien procesos de selección de persoal. A inscrición dos demandantes, así como a xestión das ofertas, lévase a cabo a través do Servizo de Orientación Laboral do Concello.
Pode contactarse co servizo no:
Fórum Carballo
Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n
CP. 15.100 - Carballo
Teléfono: 981 709 010
Enderezo electrónico: bdt@carballo.org
Horario: O horario de inverno é de luns a venres de 8.30 a 14.30 horas. O horario de verán é de 8.00 a 14.00 horas de luns a venres.
Dende 1997 o Centro Municipal de Formación é Centro Colaborador do Servizo Galego de Colocación, hoxe coñecido como Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).
Deste xeito a promoción económica e a dinamización social constitúen un obxectivo claro que na actualidade se plasma na oferta de
programas de fomento da contratación, tales como:
- Servizo de Información, Orientación e Asesoramento a desempregados e desempregadas, emprendedores e empresas por medio das Orientadoras Laborais do Servizo Público de Emprego.
- Subvencións Carballo Activa
- Programas de Cooperación
O Concello de Carballo apoia asemade parte das súas iniciativas na colaboración con diferentes entidades.