Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Emigración

O Concello de Carballo non esquece, non só como vila, senón tamén pola súa integración na comarca de Bergantiños, que a súa historia está profundamente ligada á emigración. Dende a administración local existe a firme convicción de traballar neste eido, xa que só a través da integración real, o coñecemento mutuo e a cooperación local poderase intervir activamente nesa muda que lle cómpre ao mundo. Por todo isto, o Concello conta cunha concellaría específica que traballa cada día para acadar os obxectivos anteriormente descritos e axudar non só aos carballeses na emigración, senón tamén ao numeroso colectivo de inmigrantes do Concello.

Para iso, a Concellaría de Emigración conta con varios servizos que pon á disposicións de todos os cidadáns:
  • Asesoría xurídica gratuíta para inmigrantes e emigrantes retornados. O horario deste servizo, para o que hai un avogado a disposición dos interesados, é os luns de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.
  • Atención e apoio para a cobertura de necesidades básicas

Carballo Integra

Ademais dos anteriores servizos, a Concellaría de Emigración pon a disposición dos veciños e veciñas un programa específico de integración especialmente dirixido ao colectivo dos inmigrantes. 'Carballo integra' desenvólvese en tres eidos fundamentais: os programas de acollida integral, a promoción de espazos de encontro entre a poboación inmigrante e autóctona e programas para a comprensión dos fenómenos migratorios:
  • Programas de acollida integral
    • Atención e asesoramento no acceso á vivenda.
    • Apoio ao acceso normalizado das mulleres inmigrantes e a conciliación da vida familiar e laboral.
    • Integración social para mulleres inmigrantes en situación de especial vulnerabilidade.
    • Acceso, mantemento e promoción do emprego.
    • Reforzo educativo e promoción da educación cívica intercultural.
  • Espazos de encontro entre a poboación inmigrante e a autóctona.
  • Programas para a mellor comprensión dos fenómenos migratorios.

Programa de Información e Asesoramento Xurídico para Emigrantes Retornados e Inmigrantes

O Concello de Carballo, nas dependencias dos Servizos Sociais de Atención Primaria, dispón dende setembro de 2003 dun Servicio de Información e Asesoramento xurídico para emigrantes retornados e inmigrantes, dirixido por un avogado especializado.

Planta baixa do Concello de Carballo
Teléfono 981 704 706

Horario de atención ao público (é necesaria cita previa por teléfono): luns de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.

Ligazóns relacionadas

Buscador:


Festival Panxea


© Concello de Carballo, 2009