Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Deporte

Padroado Deportivo Municipal
Director-xerente: Francisco García Bello
Rúa Vila de Corcubión, s/n
C.P. 15.100 - Carballo
Teléfono 981 702 109

Horario do punto de información ao público: de luns a venres de 8.30 a 14.00 e martes e xoves de 17.00 a 19.00 horas.

Horario de verán (do 15 de xuño ao 5 de setembro): de luns a venres de 8.00 a 14.00 horas.


O Padroado Deportivo Municipal xestiona as actividades deportivas que se desenvolven en Carballo, promovendo a práctica do deporte como hábito saudable e deseñando unha programación adaptada ás necesidades dos distintos colectivos sociais. O Concello tamén colabora intensamente coas diferentes entidades deportivas que desenvolven a súa actividade en Carballo.

Deporte Escolar

O Padroado Deportivo Municipal, en colaboración co Concello, puxo en marcha hai uns anos un programa pioneiro destinado a promover o deporte nos centros de ensino. A iniciativa mobiliza a máis de 60 monitores/as, que se encargan de ofrecer un abano de actividades físicas gratuítas aos escolares do municipio. Todas elas teñen lugar fóra do horario lectivo.

O programa deportivo desenvólvese a través de catro vías:
  • Escolas deportivas.
  • Competicións.
  • Encontros deportivos.
  • Xornadas deportivas puntuais.

Grazas a este programa todos os escolares de Carballo poden gozar de balde da Piscina Municipal durante tres anos. Ademais de favorecer a práctica do deporte, a iniciativa fomenta a formación en valores persoais e sociais, mellorando a calidade de vida, a integración e a participación do alumnado.

Benefícianse do programa Deporte na Escola os centros de ensino primario Bergantiños, Gándara - Sofán, Nétoma Razo, Fogar, San Luís Romero e A Cristina. As actividades que neles se desenvolven contemplan ligas de balonmán, baloncesto, voleibol e fútbol sala.

Cada curso deportivo clausúrase coa xornada deportiva Xogar na Rúa, concebida cun obxectivo pedagóxico, non discriminatorio, gratuíto e aberto a todos os rapaces e rapazas.

Deporte e persoas maiores

Os maiores de Carballo teñen á súa disposición un programa específico de actividade deportiva, completamente gratuíto. As persoas que superan os 60 anos de idade teñen así a oportunidade de manter e mellorar a súa calidade de vida. As iniciativas programadas, especialmente adaptadas á súa condición, favorecen asemade as relacións sociais entre este colectivo.

Tres días á semana, durante unha media hora, máis de cen persoas de todos os puntos do municipio reúnense na Vila para facer exercicio. Todo baixo a supervisión de mestres/as licenciados en Inef en posesión da especialidade no exercicio físico para o adulto.

Listaxe coa concesión de axudas a desprazamentos a clubes, entidades deportivas e deportistas individuais que participan en competicións no ámbito autonómico para a tempada 2011-2012

Enquisa de satisfacción d@s usuari@s dos Centros Deportivos Municipais: xullo de 2010

Ligazóns relacionadas

Documentos descargables

Buscador:


Actividade deportiva escolar

Propoñemos

Horarios e Actividades de Carballo Deporte 2013
Información sobre os Partidos nas instalacións municipais
Movete con Carballo
Carballo Deporte en Facebook
Carballo Deporte en Twitter
Páxina web da Liga de Fútbol Sala de Carballo

© Concello de Carballo, 2009