Se hai un sector que destaca especialmente no concello é o seu forte e competitivo comercio, que atrae compradores de toda a bisbarra.
Así, Carballo conta cun Centro Comercial Aberto, que agrupa a boa parte dos comercios do centro urbano, e co que o Concello de Carballo ten asinado un convenio para a consolidación e dinamización do noso pequeno comercio.
Neste mesmo sentido, e coincidindo cos Feiróns (quintos domingos de mes), a Concellaría de Promoción Económica puxo en marcha no verán de 2008 o programa Feiróns de Tempada co obxectivo de impulsar o comercio local e consolidar e dinamizar as feiras e mercados tradicionais.