Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Carballo Limpo

A comezos da presente lexislatura o goberno municipal puxo en marcha o programa Carballo Limpo. A iniciativa comprende diversas accións destinadas a conservar o ambiente grazas á colaboración da veciñanza do concello. Estes son os principais piares do proxecto:

Recollida selectiva de lixo

O centro urbano de Carballo dispón dun servizo de recollida selectiva de lixo. Os habitantes do municipio poden contribuír deste xeito á defensa do medio, separando o lixo no seu domicilio.

Existen colectores específicos para cada tipo de refugallos. Así, os restos orgánicos deben depositarse no colector verde, os bricks e as latas no colector amarelo e o papel e o cartón no azul. O vidro vai aos iglús verdes. Por último, as baterías e os medicamentos son recollidas en diversos establecementos colaboradores e nas farmacias da Vila, respectivamente.

Lembra que os residuos orgánicos só deben depositarse no colector entre as 19:00 e as 22:00 horas, sempre nunha bolsa pechada.

Punto Limpo

No punto limpo de Carballo poden depositarse os residuos perigosos do fogar, como o aceite de cociña usado, os electrodomésticos, voluminosos ou calquera outro tipo de lixo, agás a materia orgánica.

O Punto Limpo sitúase no Polígono Industrial de Bértoa. Nel existen colectores específicos para mobles vellos, electrodomésticos, enseres domésticos, roupa, pneumáticos, radiografías ou cascallos procedentes de pequenas obras. En resumo, o Punto Limpo funciona como lugar de recollida de todos aqueles obxectos ou materiais non orgánicos que a cidadanía non sabe onde depositar.

A maioría dos residuos depositados no Punto Limpo non son considerados lixo, ao poder ser reutilizados para novas funcións. Os materiais non aptos para a reciclaxe son enviados a plantas de tratamento especializadas.

Este centro de recollida de residuos voluminosos e perigosos está aberto os martes, xoves e sábados de 10:00 a 13:00 horas.

Punto limpo móbil

Os carballeses e carballesas que o desexen poden solicitar a recollida a domicilio de residuos voluminosos. O servizo, que ten lugar o primeiro martes de mes, debe solicitarse con alomenos 24 horas de antelación no teléfono 981 701 642.

Sácalle o aire

O programa Carballo Limpo contempla un servizo de recollida de cartón pregado a pé de porta. Esta iniciativa constitúe un chanzo máis no proceso de reciclaxe, contribuíndo á conservación do medio e a unha maior comodidade para os veciños e veciñas que colaboran coa medida.

As persoas que desexen desfacerse do cartón deben amorealo pregando as caixas para reducir o seu volume. Este cartón debe depositarse a pé de porta -nunca ao pé do colector do lixo-. Os servizos municipais de limpeza encárganse da súa recollida os luns, mércores e venres ás 20:00 horas.
Horarios de interese
Cartón pregado a pé de portaTodos os luns, mércores e venres ás 20.00 horas
Materia orgánicaDepositar de 19.00 a 22.00 horas, excepto os domingos
Materia inerte -baterías, latas, vidro, etc.-Depositar a calquera hora
Punto LimpoMartes, xoves e sábados de 10.00 a 13.00
Punto Limpo MóbilPrimeiro martes de cada mes, previo aviso ao 981 701 642

Ligazóns relacionadas

Buscador:



© Concello de Carballo, 2009