Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Carballo en movemento

O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Formación e Emprego que dirixe Marcos Trigo, pón en marcha o proxecto "Carballo en movemento: fomento da mobilidade no proceso de formación da xuventude local" incluído no programa europeo Leonardo da Vinci de aprendizaxe permanente. O obxectivo desta iniciativa é o de ofrecer prácticas profesionais no estranxeiro de 12 semanas de duración durante o ano 2012 a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, con titulación en FP ou universitaria, dispoñibles no mercado laboral carballés, con priorización daqueles que están en situación de desemprego e sen experiencia previa, así como ás mulleres e a persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social, por ser os colectivos con maior problema de empregabilidade.

Esta proposta pretende mellorar os perfís e a cualificación profesional dos beneficiarios, capacitándoos para facer fronte aos novos retos laborais e ás necesidades dun mercado de traballo cada vez máis esixente no que a formación e experiencia se refire. Así mesmo, a iniciativa beneficia ao tecido empresarial local, que disporá, tralo regreso dos participantes, de mozos e mozas preparados e formados nun entorno internacional e intercultural.

O partenariado deste proxecto está integrado por catro socios europeos pertencentes a Reino Unido, Alemania, Italia e Polonia, que colaboran como intermediarios na organización das estadías formativas nas que participarán 24 mozos e mozas carballeses. O Concello de Carballo, como promotor do proxecto, encárgase da súa coordinación xeral, da información e selección dos mozos/as beneficiarios/as, da preparación previa á mobilidade, da titorización a distancia dos beneficiarios/as ou da difusión e avaliación do proxecto. O Programa Leonardo da Vinci, programa sectorial incluído no Programa de Aprendizaxe Permanente da Unión Europea, vai dirixido a atender as necesidades de ensinanza e aprendizaxe de todas as persoas implicadas na educación e Formación Profesional, así como ás institucións e organizacións que imparten ou facilitan esa formación. A inciativa conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.

Decreto que determina as estadías e o modelo de carta de aceptación para participar no programa Carballo en movemento

Listaxe definitiva dos 24 mozos e mozas que realizarán prácticas por toda Europa co programa Carballo en movemento

Documentos descargables

Buscador:


Carballo en movemento


© Concello de Carballo, 2009