Escola Oficial de Idiomas
A Escola Oficial de Idiomas de Carballo é unha delegación da Escola Oficial de Idiomas da Coruña, ten as súas instalacións no Pazo da Cultura e comezou a súa actividade no ano académico 2004-2005 co primeiro curso de inglés e coa vontade de ir incorporando novos niveis e idiomas.
Para acceder á Escola Oficial de Idiomas son condicións indispensables ter cumpridos os 14 anos ou cumprilos no ano académico e estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: 1.º ciclo da ESO, graduado en Educación Secundaria, Graduado Escolar, certificado de escolaridade ou estudos primarios, técnico auxiliar de FP1 ou algunha outra titulación de nivel superior.
A preinscrición para acceder á Escola de Idiomas debe realizarse no mes de xuño.
Voltar Educación