Cultura
Biblioteca Municipal de Carballo
Rúa San Xoán Bautista, s/n, 15.100
Carballo - A Coruña
Teléfono 981 704 041
Horario de apertura, de luns a venres de 9.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00
A Biblioteca Municipal de Carballo está situada nun edificio anexo ao antigo cárcere, na actualidade convertido no Museo de Bergantiños. O recinto forma parte dun conxunto restaurado polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto. Foi el o encargado de deseñar esta biblioteca de nova planta, inaugurada no ano 1998. Dispón de tres andares e dun entrechán. O primeiro andar é continuo, mais o resto son distintos para así poder facilitar a conexión visual.
Esta biblioteca, que conta con máis de 20.000 fondos, é de referencia para toda a comarca de Bergantiños, e pretende especializarse na bibliografía local, tanto con obras de temas relacionados con Carballo, coa comarca de Bergantiños e coa Costa da Morte, como con obras escritas por xente da zona ou vencellada a ela.
Servizos que ofrece a Biblioteca:
- Lectura e consulta en sala. Acceso directo a obras de referencia no primeiro andar. Catálogos.
- Empréstamo a domicilio por quince días gratuíto para socias e socios.
- Consulta en sala de material electrónico -CD, DVD, etc.-.
- Acceso á rede en sala para usuarios/as. Posibilidade de utilizar portátiles particulares para acceder á rede.
- Seccións de obras infantís e xuvenís con material de referencia.
- Bibliografía local. Libros de temas relacionados con Carballo, Bergantiños e Costa da Morte. Obras escritas por xente da zona.
- Hemeroteca con publicacións locais, galegas e internacionais.
- Discos e casetes de folclore galego, nomeadamente da zona de Bergantiños e Costa da Morte.
- Información.
- Visitas escolares.
- Exposicións.
- Encontros con autores e autoras.
Outros datos de interese:
- Total de fondos: máis de 20.000.
- Número de asociados/as: máis de 4.000.
- Número de prazas en sala: 70, distribuídas en tres andares.
- Número de ordenadores con acceso á rede: 3.
Ligazóns relacionadas
Dende
esta web é posible consultar o catálogo de fondos da Biblioteca Municipal, así como solicitar en liña o carné de lector.