Inauguración da XI Semana do Libro e a Lectura

Domingo 24 de abril do 2016 Pazo da Cultura - 12.00 h.

Os Tres Tenedores

O auditorio do Pazo da Cultura acolle a partir das 12.00 horas o acto de inauguración da XI Semana do Libro e a Lectura. A cita contará coa actuación de Os Tres Tenedores, un grupo de música e humor especialmente dirixido ao público infantil.

Ademais, os nenos e nenas da 1º de Educación Primaria CEIP Canosa-Rus homenaxearán a Manuel María con motivo dobre: non só pola celebración o sábado 23 de abril do Día do Libro, senón tamén porque o Día das Letras Galegas está dedicado a este autor.

A continuación o grupo Bicadela de 6º de Educación Primaria do CEIP Fogar realizarán unha representación de teatro con O galo Quicorico.

Compartir: