Inicio Áreas Cultura San Xoán 2017 Aquelarre na Eira das Meigas coa...

Aquelarre na Eira das Meigas coa Asociación Ambiental Senda Nova

Venres 23 de xuño do 2017 16 horas - Monte Neme

A Asociación Ambiental Senda Nova contribúe a enriquecer o programa das festas co seu "Aquelarre na Eira das Meigas", unha actividade aberta a todas as persoas interesadas que se desenvolverá a partir das 16 horas no Monte Neme. Os/as participantes irán ataviados/as con roupa escura, vasoiras, xestas e fiúnchos, co obxectivo de recrear a lenda que rodea esa paraxe carballesa.

Compartir: