Promoción Económica

Promoción Económica

Xornada aberta sobre os montes veciñais en man común

Sábado 10 de xuño do 2023 10.00 horas - Fórum Carballo Promoción Económica

A Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM) ten programada para o 10 de xuño no Fórum Carballo unha xornada titulada As resolucións dos xurados de clasificación reforzan ou eliminan os montes veciñais. O acceso será libre ata completar a capacidade do auditorio.

O programa será o seguinte:

  • 10.00 horas. Presentación a cargo da vicepresidenta da ORGACCMM, Generosa Piñeiro Gey.
  • 10.15 horas. As resolucións dos xurados de clasificación de montes veciñais cuestionan o carácter xermánico dos montes veciñais, a cargo do avogado Calixto Escariz Vázquez.
  • 12.00 horas. Procedemento para a elección do representante das comunidades de montes nos xurados de clasificación dos montes veciñais, a cargo de Xosé Carlos Morgade Martínez, representante das comunidades de montes no xurado de clasificación de montes veciñais en Pontevedra.
  • 12.45 horas. A xestión do monte de xeito multifuncional e sustentábel, a cargo de Alberto Covelo Casal, presidente da comunidade de montes de Vincios.
  • 13.30 horas. Coloquio.
  • 14.00 horas. Peche da xornada a cargo de Xosé Alfredo Pereira Martínez, presidente da ORGACCMM.

Compartir: