Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Aviso legal

Os dereitos de propiedade intelectual deste portal e dos elementos nel engadidos son titulariedade do Concello de Carballo, que reserva a facultade de efectuar modificacións e actualizacións sobre a información contida no portal, en calquera momento, e sen necesidade de previo aviso.

O uso non autorizado da información e demais elementos contidos neste portal, así como os prexuízos ocasionados nos dereitos de propiedade do Concello de Carballo, darán lugar ao exercicio das accións que legalmente lle correspondan ao Concello de Carballo, no seu caso, ás responsabilidades que dese dereito se puidesen derivar.

O contido facilitado a través desta web emítese para efectos simplemente informativos.

O Concello de Carballo non se fai responsábel dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web.

Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.

Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.

Tanto o acceso ao portal, coma ao uso que poida facerse da información contida no mesmo son da exclusiva responsabilidade do usuario.

O Concello de Carballo non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión aos contidos dos enlaces a terceiros que poida conter o portal. Recoñece que os dereitos de propiedade intelectual e industrial das páxinas enlazadas, lles pertencen aos seus respectivos autores e propietarios e a petición de calquera deles, o enlace ou enlaces retiraranse de xeito inmediato.

Protección de Datos

O Concello de Carballo, titular do sitio web www.carballo.org, con enderezo na Praza do Concello S/N - C.P.: 15.100 e con teléfono 981 704 100, de conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) e coa lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, informa a todas as persoas usuarias que decidan empregar calquera dos servizos que se proporcionan na súa web que, no caso de subministrar datos de carácter persoal, estes pasarán formar parte de ficheiros automatizados, cuxa finalidade será descrita en cada caso.
O responsable do tratamento dos datos recollidos será en todo caso o Concello de Carballo, que se compromete a levar a cabo unha utilización axeitada dos mesmos dentro do ámbito, as finalidades e servizos que lle corresponden.
O Concello non comunicará nin cederá estes datos nin sequera con fins de conservación, e implementará as medidas de seguridade que sexan legalmente necesarias, en cumprimento do disposto no Art. 9 da LOPD e do Regulamento 994/1999, de 11 de xuño que o desenvolve.
A persoa usuaria poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, entregando o formulario disposto para iso no Rexistro de Entrada Municipal, facendo uso do enderezo de correo electrónico lopd@carballo.org, ou chamando ao teléfono 981 704 703, no que se poderán realizar consultas sobre temas referidos á LOPD.

Navegación con cookies

A web do Concello de Carballo utiliza cookies e sesións de usuario cando se navega pola súa rede de sitios web. Estas cookies asócianse unicamente cun usuario anónimo e o seu computador, e non proporcionan por si o nome e apelidos do usuario ou usuaria. As cookies utilizadas non poden ler datos do seu disco duro nin ler os arquivos cookie creados por outros provedores. A persoa usuaria ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisado na pantalla da recepción de cookies e incluso impedir a instalación de cookies no seu disco duro. Para utilizar a web do Concello de Carballo non resulta necesario que a persoa usuaria permita a instalación das cookies enviadas polo mesmo.

© Concello de Carballo, 2009