Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Porta aberta

Actualidade Carballo PortaAberta


O servizo Carballo PortaAberta é a Administración Dixital do Concello de Carballo. A través dela terás acceso permanente (24 horas, 7 días á semana) á administración do teu concello, e poderás:

  • Tramitar solicitudes
  • Facer reclamacions, suxerencias etc
  • Obter documentos online: duplicados de recibos, volantes de empadroamento, etc
  • Consultar o estado dun expediente
  • Consultar os recibos pendentes, pagados, pendentes de emitir, etc

Actualidade Carballo PortaAberta

Pagamento de impostos


O Concello de Carballo, mediante un convenio de colaboración con Caixa Galicia, completa agora a oferta de CarballoPortaAberta co pago de tributos, un novo servizo que o converte nun dos primeiros concellos galegos en empregar internet para a xestión dos impostos e taxas municipais.

Os pasos que tes que dar son moi sinxelos:

  • Entra na web do Concello de Carballo e preme no banner CarballoPortaAberta.
  • Identifícate como usuario da administración dixital. No caso de que non dispoñas aínda dunha conta de usuario deberás solicitala a través do trámite SOLICITUDE DE ALTA EN CARPETA ou seguindo as instruccións do banner inferior.
  • Unha vez dentro diríxete á XESTION DE RECIBOS, onde poderás consultar e obter documentos dos recibos pendentes, en tramitación ou pagados.
  • Para pagar só terás que seleccionar o recibo pendente e premer no botón PAGO CAIXA GALICIA, que te levará á pasarela de pagos de Caixa Galicia onde tes dúas opcións:
    • Introducir os datos dunha tarxeta de Caixa Galicia
    • Acceder á Banca Electrónica de Caixa Galicia (se dispón de acceso)
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria Concello de Carballo

Buscador:



© Concello de Carballo, 2009