Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Porta aberta

Actualidade Carballo PortaAberta


O servizo Carballo PortaAberta é a Administración Dixital do Concello de Carballo. A través dela terás acceso permanente (24 horas, 7 días á semana) á administración do teu concello, e poderás:

  • Tramitar solicitudes
  • Facer reclamacions, suxerencias etc
  • Obter documentos online: duplicados de recibos, volantes de empadroamento, etc
  • Consultar o estado dun expediente
  • Consultar os recibos pendentes, pagados, pendentes de emitir, etc

Actualidade Carballo PortaAberta

Pagamento de impostos


O Concello de Carballo, mediante un convenio de colaboración con Caixa Galicia, completa agora a oferta de CarballoPortaAberta co pago de tributos, un novo servizo que o converte nun dos primeiros concellos galegos en empregar internet para a xestión dos impostos e taxas municipais.

Os pasos que tes que dar son moi sinxelos:

  • Entra na web do Concello de Carballo e preme no banner CarballoPortaAberta.
  • Identifícate como usuario da administración dixital. No caso de que non dispoñas aínda dunha conta de usuario deberás solicitala a través do trámite SOLICITUDE DE ALTA EN CARPETA ou seguindo as instruccións do banner inferior.
  • Unha vez dentro diríxete á XESTION DE RECIBOS, onde poderás consultar e obter documentos dos recibos pendentes, en tramitación ou pagados.
  • Para pagar só terás que seleccionar o recibo pendente e premer no botón PAGO CAIXA GALICIA, que te levará á pasarela de pagos de Caixa Galicia onde tes dúas opcións:
    • Introducir os datos dunha tarxeta de Caixa Galicia
    • Acceder á Banca Electrónica de Caixa Galicia (se dispón de acceso)

Os 50 primeiros usuarios que paguen os impostos en CarballoPortaAberta recibirán un receptor USB Bluetooth ou un LECTOR GRABADOR DE TARXETAS CHIP (e-DNI)
O Concello de Carballo quere premiar aos 50 primeiros usuarios da administración online CarballoPortaAberta que paguen os seus impostos a través desta pasarela de pagos cun RECEPTOR USB BLUETOOTH ou cun LECTOR GRABADOR DE TARXETAS CHIP (COMPATIBLE CO DNI ELECTRONICO).

RECEPTOR USB BLUETOOTH: Con esta ferramenta terás a posibilidade de sincronizar todos os teus dispositivos portátiles para poder intercambar todo tipo de información sen necesidade de buscar os cables de conexión específicos.

LECTOR GRABADOR DE TARXETAS CHIP (COMPATIBLE CO DNI ELECTRONICO): Con este lector poderás utilizar o teu e-DNI (DNI ELECTRONICO) para facer trámites en internet con total seguridade. O Concello de Carballo en vindeiras datas permitirá o acceso a CarballoPortaAberta a través do e-DNI.

Normas da promoción:
  • Entregarase un adaptador bluetooth ou lector de tarxeta por cada usuario CarballoPortaAberta, independentemente dos recibos que pague.
  • O regalo enviarase/entregarase unha vez validado o cobro polos servicios económicos do Concello de Carballo.
  • Non poderán participar na promoción os traballadores do Concello de Carballo.
  • A promoción terá a validez dende o 4 de Abril de 2009 ata o 31 de Decembro de 2009.
Xunta de Galicia. Conseller’a de Innovaci—n e Industria Concello de Carballo

Buscador:



© Concello de Carballo, 2009