Participación veciñal

Participación veciñal

[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 700     
Fax: 981 702 858
secretarioalcaldia@carballo.gal

En marcha unha nova edición da Escola Ambiental impulsada pola asociación ambiental Senda Nova e o Concello de Carballo

Luns 21 de novembro do 2022

25 familias dan a benvida a outra edición máis da Escola Ambiental organizada pola asociación Senda Nova e o Concello de Carballo. Nenos e nenas de diferentes centros de ensino de Carballo xuntáronse en Oza, nun acto ao que asistiu o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Vales, para coñecer os detalles desta actividade, que leva once anos promovendo a conciencia medioambiental dende a infancia a través de actividades de aprendizaxe no medio natural.

A partires de agora, a rapazada xuntarase todos os sábados para participar en distintas actividades, moitas delas no Espazo da Natureza de Oza, e, outras, con formato excursión, nos lugares de maior interese ambiental da bisbarra. O proxecto alongarase ata entrado o verán despois de ter máis de 20 sesións de aprendizaxe, entre as que haberá saídas ao medio, pernoctas ao aire libre, obradoiros de pegadas ou a horta ecolóxica.

A Escola Ambiental está aberta a toda a rapazada de terceiro a sexto cursos de primaria. O prazo de inscrición continúa aberto.

Compartir: