Participación veciñal

Participación veciñal

[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 700     
Fax: 981 702 858
secretarioalcaldia@carballo.org

O Consello Parroquial de Oza fixo repaso do cumprimento dos acordos adoptados na sesión anterior

A maioría das peticións veciñais xa foron atendidas nestes catro meses

Mércores 14 de xuño do 2017

A instalación de paneis de libre expresión en distintos puntos da parroquia, a información sobre a ordenanza que regula a extracción de madeira, a limpeza de cunetas e a mellora da rede viaria foron algunhas das peticións realizadas polo Consello Parroquial de Oza na xuntanza de febreiro que xa están atendidas, ao igual que a maioría das reposicións, arranxos ou pequenas actuacións que solicitara a veciñanza. Onte fixeron balance, e nestes catro meses quedaron resoltos a maioría dos problemas.

Algún non totalmente, como é o caso da mellora da seguridade viaria na estrada Carballo-Razo. O alcalde, Evencio Ferrero, comprometérase a trasladar á Deputación da Coruña, titular da vía, a solicitude de instalación de pasos elevados, como reclamaban os veciños e veciñas, pero, aínda que a petición foi enviada, a Deputación optou por reforzar a sinalización. Na parroquia agardan que agora os condutores respecten os límites de velocidade, aínda que seguen pensando que os pasos elevados serían máis efectivos. 

A xuntanza de onte, que durou algo menos dunha hora, converteuse nunha posta en común de preocupacións que comparten veciños e representantes políticos, como é o caso da mellora da seguridade viaria. Así mesmo, o alcalde anunciou que en breve comezarán as obras de ampliación do centro social e que tamén está prevista a posta en marcha dun plan de pavimentación con cemento de varios núcleos rurais, entre eles o de O Rodo. A mellora dos accesos ao Monte Neme e a posta en valor dese espazo como recurso paisaxístico e cultural tamén se puxeron sobre a mesa.

Compartir: