Participación veciñal

Participación veciñal

[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 700     
Fax: 981 702 858
secretarioalcaldia@carballo.org

Arranca a segunda rolda dos Consellos Parroquiais

As primeiras xuntanzas celebraranse esta semana en Berdillo e Sísamo

Martes 6 de xuño do 2017

O Consello Parroquial de Berdillo reunirase o mércores 7

O Consello Parroquial de Berdillo reunirase o mércores 7

O proceso de participación veciñal impulsado polo Concello de Carballo sigue avanzando. Os 17 consellos parroquiais que botaron a andar a primeiros de ano afrontan xa a segunda quenda de reunións, que se repartirá entre este mes e o de setembro, principalmente, para non interferir nas vacacións de verán. Deste xeito, a segunda rolda de xuntanzas arranca esta mesma semana.

Para mañá mércores, ás 20.30 horas, están convocados no centro social os veciños e veciñas de Berdillo, que xa celebraron unha xuntanza previa para revisar as peticións e propostas do primeiro consello e preparar o encontro desta semana cos representantes dos distintos grupos que integran a corporación municipal. O xoves á mesma hora celebrarase consello parroquial en Sísamo, e xa a semana que vén reuniranse os de Oza (martes 13), Goiáns (mércores 14) e Rus (xoves 15).

Dende a posta en marcha deste mecanismo de participación veciñal nas 17 parroquias vense incrementando a presenza e o interese veciñal, e xa son máis de 300 as persoas que están a participar activamente da vida municipal de Carballo. Os consellos parroquiais son entes vivos e abertos permanentemente á participación tanto de entidades coma de cidadás e cidadáns a título individual. As persoas interesadas teñen á súa disposición o número de teléfono 981 704 700 e o enderezo electrónico  consellosparroquiaiscarballo@gmail.com.

Compartir: