Participación veciñal

Participación veciñal

[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 700     
Fax: 981 702 858
secretarioalcaldia@carballo.gal

Aloumiños e Cadelar levan as intervencións asistidas con animais aos centros escolares

Do luns 5 de novembro ata o martes 22 de decembro do 2020

Nuba é unha fermosa Golden retriever, que, xunto coa xente de Cadelar, está percorrendo os colexios da Costa da Morte realizando intervencións asistidas con animais (IAA), que son programas deseñados para promover melloras na función física, social, educacional, emocional e/ou cognitiva das persoas. Este programa, que se desenvolve conxuntamente coa asociación Aloumiños, está dirixido, desenvolto e avaliado por un profesional da saúde e da educación, cun equipo humano especializado e un equipo animal entrenado en intervencións. Nesas IAA, Nuba comportase como un facilitador, un motivador e un mecanismo de apoio para o usuario da intervención e así consegue dun xeito lúdico os obxectivos planeados.

Nesta edición as actividades estanse a desenvolver en cinco centros educativos da bisbarra. Como novidade, este ano as actividades teñen un carácter máis personalizado, xa que serán os propios nenos e nenas con algunha necesidade educativa especial (NEE) os principais beneficiarios destas sesións, nas que se traballará xunto co equipo de orientación e profesorado dos diferentes centros educativos nunha serie de obxectivos individualizados para cada un dos participantes. Asemade, contarase coa colaboración dunha terapeuta ocupacional, unha guía canina e o fundamental papel motivador dos cans.

Compartir: