Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
APECCO organiza unha xornada sobre prevención de riscos laborais no Pazo da Cultura

CONSTRUCIÓN

APECCO organiza unha xornada sobre prevención de riscos laborais no Pazo da Cultura

Mércores 18 de outubro do 2006

O Pazo da Cultura acolle este mércores, 18 de outubro, unhas Xornadas de Prevención de Riscos Laborais, organizadas pola Asociación Provincial de Empresarios da Construción da Coruña (APECCO). A charla está dirixida a empresarios/as, altos/as directivos/as e mandos intermedios das pequenas e medianas empresas de construción na comarca, e dará comezo ás 20.00 horas.

O Teatro de Rúa ofrece dous espectáculos durante a fin de semana

CULTURA

O Teatro de Rúa ofrece dous espectáculos durante a fin de semana

Mércores 18 de outubro do 2006

O Festival Internacional Outono de Teatro, FIOT, continúa esta fin de semana tanto con teatro de sala como con numerosas actividades paralelas. Así, é a vez do Teatro de Rúa, que achegará dous espectáculos o venres 20 e o sábado 21, a cargo das compañías Troula Animación e Os sete magníficos máis un.

Un trailer provocou un corte na travesía principal durante tres horas

TRÁFICO

Un trailer provocou un corte na travesía principal durante tres horas

Martes 17 de outubro do 2006

Un trailer de 46 metros de lonxitude, máis de 4 de ancho e preto de seis de alto, quedou atascado na tarde de onte durante tres horas no centro de Carballo, entre as 18,00 e 21,00 horas. O camión, procedente de Alicante, transportaba verios aeroxeneradores para un parque eólico de Muros e contaba cun permiso especial de Tráfico para transitar pola C-552.

Convocadas as Bolsas de Estudos e Transporte para o presente curso escolar

ENSINO

Convocadas as Bolsas de Estudos e Transporte para o presente curso escolar

Martes 17 de outubro do 2006

Desde onte luns, 16 de outubro, e até o día 2 de novembro, está aberto o prazo para presentar as solicitudes das Bolsas de Estudos e de Transporte para o curso 2006/2007. O Concello de Carballo pretende, con esta convocatoria, facilitar que aquelas familias que están nunhas condicións socieconómicas máis desfavorables e non dispoñen de rendas familiares suficientes para afrontar os gastos derivados da escolarizacións dos seus fillos, poidan costear os gastos que estes supoñen. Para optar ao beneficio de bolseiro é requisito indispensable ser fillo de pais domiciliados no término municipal de Carballo, con vecindade no municipio, ou emancipados con domicilio neste municipio.

Teatro do Noroeste e Titzina Teatre abriron a XV edición do FIOT

CULTURA

Teatro do Noroeste e Titzina Teatre abriron a XV edición do FIOT

Luns 16 de outubro do 2006

A compañía galega Teatro do Noroeste e a catalana Titzina Teatre foron as encargadas de abrir a XV edición do Festival Internacional Outono de Teatro. O Pazo da Cultura acolleu as dúas primieras representacións do programa, Imperial: Café Cantante e Entrañas, nunha fin de semana na que tivo lugar unha recepción oficial aos directores de teatro participantes no XIII Congreso Nacional que a ADE celebra en Galicia.

Aprobadas tres novas certificacións doutras tantas obras no concello

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobadas tres novas certificacións doutras tantas obras no concello

Luns 16 de outubro do 2006

A Xunta de Goberno Local ven de aprobar, na sesión ordinaria celebrada este luns, 16 de outubro, tres certificacións de obra no concello. Trátase da novena do Paseo Fluvial no entorno rústico do río Anllóns, por importe de 37.264,85 euros, a quinta da Remodelación pranta soto e primeira do antigo xulgado, por importe de 54.819,08 euros, e a primeira da Rede de saneamento en Queo 1ª Fase, parroquia de Bértoa, por importe de 59.890,01 euros.

A Xunta de Goberno Local reúnese en sesión ordinaria o vindeiro luns

CONVOCATORIA

A Xunta de Goberno Local reúnese en sesión ordinaria o vindeiro luns

Venres 13 de outubro do 2006

A Xunta de Goberno Local celebra unha sesión ordinaria o vindeiro luns, 16 de outubro, a partir das 13,30 horas na Casa do Concello. Na orde do día fuguran varias certificacións de obra. Son a novena do Paseo Fluvial no entorno rústico do río Anllóns, a quinta da Remodelación pranta soto e primeira do antigo xulgado e a primeira da Rede de saneamento en Queo 1ª Fase, parroquia de Bértoa.

Aberto o prazo para a presentación de ofertas para a contratación de dúas actuacións do Plan de Accesibilidade

ACCESIBILIDADE

Aberto o prazo para a presentación de ofertas para a contratación de dúas actuacións do Plan de Accesibilidade

Venres 13 de outubro do 2006

O Concello de Carballo ven de abrir o prazo para que as empresas interesadas na contratación do suministro de 6 marquesinas para paradas de autobús e o completado da sinalética adaptada a minusválidos en seis edificios de titularidade municipal presenten as súas ofertas. Trátase dunha das primerias actuacións do Plan Municipal de Accesibilidade e o prazo estará aberto até o 19 de outubro. O orzamento total das actuacións ascende a 98.653,04 euros.

‘Imperial Café Cantante’ e ‘Entrañas’ abren as representacións da XV edición do FIOT

CULTURA

‘Imperial Café Cantante’ e ‘Entrañas’ abren as representacións da XV edición do FIOT

Venres 13 de outubro do 2006

O Festival Internacional Outono de Teatro bota a andar esta fin de semana coas dúas primeiras representacións que acollerá o Pazo da Cultura. O sábado, 14, a partir das 21,00 horas, a compañía galega Teatro do Noroeste será a encargada da estrea do festival co seu Imperial: Café Cantante. O domingo 15, á mesma hora, a compañía catalana Titzina Teatre representa Entrañas. As dúas obras xiran en torno á guerra civil, fío conductor desta XV edición do FIOT.

Carballo acolle dez funcións da Rede Galega de Teatros e Auditorios no segundo semestre do ano

CULTURA

Carballo acolle dez funcións da Rede Galega de Teatros e Auditorios no segundo semestre do ano

Mércores 11 de outubro do 2006

A Rede Galega de Teatros e Auditorios, da que forma parte o Concello de Carballo, acaba de inaugurar os programas de Rededanza, Redesons Jazz e Redesons Clásica como paso previo á posta en marcha dun novo modelo organizativo, baseado no desenvolvemento de programacións específicas de teatro, música, danza, maxia e monicreques.

No marco deste circuíto de exhibición de espectáculos que promove o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, IGAEM da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Carballo acolle neste segundo semestre do ano un total de dez funcións, das que cinco corresponden ao programa Rededanza, tres a Redesons Clásica e as dúas restantes ao programa xeral. Na presenctación destes, que tivo lugar no Pazo da Cultura, estiveron presentes o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, a delegada provincial da Consellería de Cultura e Deporte, Milagres Lantes, e Miguel Martín, xerente do IGAEM.

Os alumnos de Primaria do concello disfrutan do programa ‘A Culturaeduca’

CULTURA

Os alumnos de Primaria do concello disfrutan do programa ‘A Culturaeduca’

Martes 10 de outubro do 2006

O Pazo da Cultura acolleu esta mañá a segunda xornada de representacións da obra A cabana de Babaiagá, a cargo do Centro Dramático Galego. A actividade está enmarcada dentro do programa A Culturaeduca, unha novedosa iniciativa do Concello que ten como finalidade colaborar cos centros educativos participando na actividade académica dos alumnos dos colexios e institutos de Carballo a través de diversas propostas culturais. A cabana de Babaiagá representarase de novo mañán mércores en dobre sesión, ás 10,00 e 12,00 horas, as últimas desta primeira actividade de A Culturaeduca.

Compartir: