Inicio Carballo ao día Avisos Corte de tráfico na rúa Emilia...

Corte de tráfico na rúa Emilia Pardo Bazán por obras de mellora das redes de pluviais e saneamento

Luns 7 de agosto do 2023

Debido ás obras de mellora na rede de saneamento e pluviais, durante aproximadamente tres semanas, a partir do 1 de agosto, permanecerá cortada ao tráfico rodado a rúa Emilia Pardo Bazán en sentido descendente, quedando habilitada unicamente en sentido ascendente.

Debido á devandita actuación e durante este período, a rúa Alfredo Brañas quedará habilitada ao tráfico con dirección única en sentido descendente desde Vázquez de Parga ata a súa intersección coa rúa Muiño, así mesmo, a rúa Montevideo na súa totalidade e a rúa Muíño (desde Alfredo Brañas ata Emilia Pardo Bazán) permanecerán cortadas agás para as persoas residentes.

Compartir: