Inicio Carballo ao día Avisos Rematan as obras na rúa Vila de Negreira e...

Rematan as obras na rúa Vila de Negreira e a partir do 24 de abril estará pechada ao tráfico pesado a rúa do Sol polas obras da liña de alta tensión

Venres 21 de abril do 2023

UDF, distribuidora eléctrica de Naturgy, continúa coa execución do segundo circuíto da liña de alta tensión de 66kV Bértoa-Carballo, que permitirá unir as subestacións eléctricas situadas no lugar de Quintáns e no polígono industrial. 

As obras inclúen o soterramento da liña, polo que están afectando a varias rúas. Unha vez rematados os traballos na Vila de Negreira, que recupera a normalidade no tráfico rodado, a partir do luns 24 de abril quedará cortado o carril da rúa do Sol en dirección A Milagrosa-centro urbano. Polo outro carril poderán circular unicamente os vehículos lixeiros, e os camións deberán desviarse obrigatoriamente pola circunvalación da AG-55. Está previsto que as obras duren unha semana.

Paralelamente, a empresa comezou cos traballos de reposición do firme, que xa se realizaron na rúa Verdillo e comezarán en breve tamén na Compostela.

Compartir: