Inicio Carballo ao día Avisos Concello de Carballo e Humana promocionan a...

Concello de Carballo e Humana promocionan a reciclaxe do téxtil a través de obradoiros para alumnado de primaria

Sábado 10 de decembro do 2022

O Concello de Carballo e a Fundación Humana colaboran nunha campaña de promoción da recollida selectiva e a reciclaxe do téxtil entre o alumnado de primaria. A iniciativa forma parte da estratexia europea orientada á mellora dos niveis de reciclaxe, e está financiada pola Xunta e o Ministerio para transición ecolóxica e o reto demográfico. 

Para achegar as vantaxes da reciclaxe á rapazada está prevista a celebración de catro obradoiros nos colexios Fogar e Xesús San Luis Romero, coa participación dun total de 72 nenos e nenas de segundo curso de primaria. Este luns 12 aprenderán a facer monicreques con calcetíns e o mércores 14 elaborarán mochilas con camisetas.

Compartir: