Inicio Carballo ao día Novas O Congreso Concellos 2030 reúne en...

O Congreso Concellos 2030 reúne en Carballo a máis de cen participantes dos ámbitos técnico, universitario e político

O concello e Gestagua organizan o evento, que poderá seguirse en streaming

Mércores 28 de setembro do 2022

O auditorio do Fórum Carballo está completo para o Congreso Concellos 2030, que durante dous días converterá o noso concello no centro de referencia e posta en común das experiencias que se están a desenvolver en Galicia nos ámbitos do ciclo integral da auga, a xestión dos residuos, a eficiencia enerxética e a mobilidade sostible.

O Congreso Concellos 2030, organizado conxuntamente por Gestagua e o Concello de Carballo, celebrarase no Fórum Carballo os días 29 e 30 de setembro, e contamos tamén coa colaboración de Urbaser e da Fegamp.

Alberto Maceiras, director da revista Iagua; David Pocero, director de eficiencia enerxética de Ferrovial; Gonzalo Mosqueira Martínez, xerente do EPE Augas de Galicia; Ignasi Puig, de ENT environment & management; Demetrio Gómez, concelleiro de Mobilidade de Pontevedra; Iván Andrade, director técnico de Energal e delegado en Galicia de A3E, ademais de concelleiro de Innovación, Formación e Emprego do Concello de Carballo; Joaquín Suárez, profesor titular da UDC e membro do Grupo de enxeñaría da auga e do medio ambiente; Juan José Pernas, profesor de Dereito administrativo da UDC e coordinador do Foro Galego Local de Economía Circular; Mónica Pérez Medina, subdirectora xeral de residuos da Xunta de Galicia; Rogerio Koehn, CEO de Gestagua; Xosé Manuel Golpez, técnico da FAEPA; Fernando Nebot, unha persoa de referencia internacional en cuestións de mobilidade, e os concelleiros Luis Lamas, de Obras e Servizos, e Milagros Lantes, e Planificación e Estratexia Urbana, compoñen o panel de relatores.

Na páxina web https://concellos2030.gal/ está dispoñible toda a información sobre o congreso.

Ligazóns

Compartir: