Aberta ao tráfico de maneira provisional a zona dos Baños Vellos
Martes 21 de xuño do 2022
Xa están abertas ao tráfico, de maneira provisional durante a Semana Grande, as rúas da zona dos Baños Vellos en obras. Fíxate nos sinais provisionais que está a colocar o persoal do servizo municipal de sinalización viaria:
- Podes circular pola rúa Pontevedra en sentido único dende a rúa Perú cara Vázquez de Parga
- Nas rúas Ourense e Baños Vellos só se permite o acceso ás prazas de garaxe.